Concello de Lalín

turismo activo
Turismo

Buscar


As características do concello de Lalín fan del un lugar axeitado para a práctica de diversas actividades e deportes en plena natureza, á vez que se pode desfrutar das espectaculares paisaxes e visitar os seus lugares de interese.

En Lalín  ofréceselle a posibilidade de desfrutar dos seus bosques, ríos e espazos abertos, o que lle permitirá relaxarse e divertirse en calquera época do ano. Centros de Turismo Activo, o Centro Ecuestre de Mouriscade, a Caza e a Pesca, son só algunhas das numerosas posibilidades que brindan estas terras durante todo o ano.

 

Rutas

 

Neste apartado podemos ofrecerlle a posibilidade de percorrer, por dous sendeiros diferentes, algúns dos lugares máis emblemáticos e representativos de Lalín.

  • Sendeiro circular de Zobra. Trátase dunha ruta duns 20 quilómetros que se pode percorrer en aproximadamente seis horas, durante a que se conecerán espazos naturais de singular beleza pertencentes a esta parroquia lalinense.

 

 

Sendeiro Circular de Zobra

  • Sendeiro circular de Doade. Percorrido duns 9 quilómetros durante dúas horas, aproximadamente. Esta ruta permite coñecer lugares como o Castro de Penedo, o Museo Casa do Patrón ou o  Mirador do Monte Xestoso.
Sendeiro Circular de Doade


Lugares de interés

 

O patrimonio cultural, arqueolóxico e natural de Lalín é o seu máximo atractivo para os visitantes que se poidan achegar ata alí. Dende os pazos ata as igrexas, pasando polos museos, os castros, as mámoas ou os diferentes espazos naturais como a Serra do Candán, dan mostra do seu rico valor patrimonial.

Estes son algúns dos lugares que cautivarán a todos os visitantes que se acheguen ata Lalín:

 

 

Mapa dos Recursos

 

Equitación


O Club Hípico Juan Oliveira e a Asociación de Cabaleiros de Deza axúdannos a descubrir, dunha forma distinta, Lalín e a súa natureza a cabalo. Rutas, paseos "á carta", actividades. ver máis

Caza e pesca


A través da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín o viaxeiro pode acceder á práctica destes dous deportes tradicionais, que no municipio contan cunha ampla oferta de lugares e modalidades.

Información e obtención de permisos: 986 780 498

 

 

 


 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI