Concello de Lalín

Qué Facer
Turismo
 

Buscar


 

Lalín é un concello para coñecer sen présas. A súa extensión territorial, a dicotomía entre o rural e o urbán e a conxugación armónica de tradición e modernidade abren tal cantidade de posibilidades para os visitantes que obrigan a desfrutar con pausa cada unha delas.

 

TRADICIÓN: A matanza do porco ou a malla tradicional son só dúas das múltiples tradicións que se están a recuperar e impulsar para convertelas en referentes turísticos.

 

MODERNIDADE: Como pobo de configuración urbanística relativamente recente, Lalín está apostando pola humanización das rúas e espazos. Proba delo son as numerosas obras escultóricas que salpican as rúas e parques da localidade.

CULTURA: Lalín, como berce dun dos precursores da nova pintura galega, o pintor Laxeiro, conta cunha completa rede museística e de espazos de exposición: o Museo Municipal Ramón María Aller, o Museo Galego da Marioneta, o Auditorio Municipal ou o Museo Etnográfico Casa do Patrón.

 

NATUREZA: A Serra do Candán, as incomparables carballeiras, as decenas de regueiros e ríos… ¿Vaste perder estas paisaxes?

COMERCIO: A variada oferta comercial é o complemento perfecto para desfrutar dunha estancia en Lalín, cobrando un protagonismo especial o mundo da moda e as marcas locais.

 

GASTRONOMÍA: Lalín é un bo lugar para comer e, sobre todo, para desfrutar comendo; é un deses pobos que cautivan ó viaxeiro polo seu padal, especialmente se proba o mellor cocido do mundo.

 

FEIRAS: Os días 3 e 18 de cada mes, a cita coa feira é ineludible en Lalín. Pero ademais, ó longo do ano, diferentes eventos captan a atención de milleiros de visitantes: Feiradeza, a Feira do Cabalo, a Feira do Cocido, etc.

 

FESTAS: Se na tempada invernal a Feira do Cocido centraliza as actividades festivas do municipio lalinense, as festas patronais na honra á Virxe das Dores poñen o broche á tempada estival na terceira semana do mes de setembro.

 


 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI