Lalín, terra de artes e de artistas, está intimamente relacionada coa difusión dunha importante corrente cultural e de expresividade. Esta terra veu nacer a numerosos artistas que contribúen á proliferación e á difusión da cultura lalinense.
Mostra deso é a rede museística da que dispón este concello. Algúns dos exemplos máis destacados son os seguintes:

Museo Municipal Ramón Ma Aller. Este espacio ocupa a antiga casa do astrónomo e fillo ilustre de Lalín que da nome ó museo. Ademáis, foi a sede do primeiro Observatorio Astronómico de Galicia. O Museo Municipal conta cunha exposición permanente de pezas e mobles do astrónomo.
Nel tamén se pode visitar a exposición dunha colección propia de obras do pintor lalinense Manuel Otero Abeledo "Laxeiro".
Ó longo do ano, este escenario acolle múltiples actividades culturais, literarias e exposicións artísticas.

Museo Galego da Marioneta - Casa dos Títeres. Trátase dun museo pensado, principalmente, para os nenos pero tamén para todos aqueles xóvenes e adultos interesados no mundo das marionetas. A Casa dos Títeres é un recinto obrigado para todos os visistantes que chegan a Lalín, acompanados de nenos ou non.
No Museo Galego da Marioneta poderán encontrar máis de 400 pezas chegadas dos cinco continentes. Esta exposición permite visualizar as diferentes concepcións e usos que os títeres tenen en todo o mundo.

Museo Etnográfico Casa do Patrón. Na parroquia lalinense de Doade atópase este museo consagrado ó pasado do concello e da comunidade galega en xeral, como unha homenaxe ós nosos antergos.
As instalacións deste museo atópanse nunha antiga casa de pedra (con 200 anos de antigüidade). Nela pódense visitar diferentes salas, cada unha cunha temática diferente. A agricultura, o proceso do lino, a vivenda tradicional galega ou os diversos oficios son algúns dos temas que se tratan na Casa do Patrón. Incluso se pode ver unha reproducción dunha aula de principios de século.
Museo da Paisaxe. Nas parroquias de Mouriscade, Zobra e Doade atópase un peculiar museo que nos axuda a comprender un pouco mellor o desenvolvemento e as modificacións que se van producindo na nosa paisaxe. A través de paneis informativos o visitante achégase un pouco máis a todo o que nos rodea na natureza.

|