Concello de Lalín

Lalín Xacobeo

Lalín é un dos concellos que atravesa a ruta de peregrinaxe coñecida como Vía da Prata, que durante séculos serviu e, segue servindo, de vía de entrada de peregríns a Compostela coa fin de venerar os restos mortais do Apóstolo Santiago.

 

Procedentes da localidade de San Cristovo de Cea e camiño de Santiago de Compostela, os peregríns que recorren a Vía de Prata encontran en Lalín un punto ideal para repoñer forzas desfrutando dunha rica oferta gastronómica. O concello conta incluso cun lugar para pernoctar no Albergue dos Peregríns de A Laxe, na parroquia de Bendoiro, con capacidade para 29 persoas e con todos os servizos necesarios para unha estancia agradable.

 

Precisamente A Laxe é o lugar de confluencia entre a Vía da Prata e outro dos itinerarios xacobeos de peregrinación: o Camiño Sur ou Camiño de Inverno.

 

 

O Camiño de Inverno

 

Con este nome denominamos a ruta que en época invernal moitos peregríns elixían para evitar subir polas cumes nevadas do Cebreiro, desviándose do Camiño Francés en Ponferrada. O camiñante seguía a Santiago por un camiño máis fácil, de cotas máis baixas do terreo que marcaba, en gran parte do seu percorrido, o cauce do río Sil, uníndose á Ruta da Prata nas terras pontevedresas de Lalín.

 

Tras deixar Ponferrada, a ruta emprende unha lixeira subida cara ó parque arqueolóxico das Médulas para abandonar as terras leonesas do Bierzo e adentrarse nas galegas pola Comarca de Valdeorras, onde o camiño discorre, practicamente, paralelo ó río Sil. Seguindo éste, entra na provincia lucense, onde podemos contemplar o túnel romano de Montefurado.

 

 

A ruta continúa polas espectaculares paraxes da Ribeira Sacra lucense. Tras cruzar o río Miño por Belesar, a ruta sobe cara ó monte Faro, onde penetra nas terras pontevedresas por Rodeiro e Lalín. Aquí, no lugar de A Laxe, únese á Ruta da Prata (o viaxeiro dispón aquí dun albergue oficial de peregríns, con capacidade de 29 camas e dotado con duchas, cociña e zona de descanso).

 

Por diante aínda quedan medio centenar de quilómetros para pisar terras compostelás, alcanzar a Praza do Obradoiro e entrar na Catedral.

 

 

Turismo

Buscar

 

 

 

 

 

 



 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI