Concello de Lalín

Lalín urbán

As condicións socioeconómicas, a súa localización xeográfica e o apoio institucional proxectan a Lalín coma un municipio con grandes expectativas de crecemento. Neste proceso, un dos factores determinantes é a mellora das infraestructuras e a posta en marcha de novos servizos.

 

En Lalín conviven e mestúranse o rural e o urbán. Por un lado o concello vai medrando, a súa capital vaise convertendo nunha pequena cidade onde a oferta cultural e comercial fai desta vila un recuncho onde poder disfrutar do tempo de lecer.

 

As súas rúas e prazas acollen numerosos monumentos que honran ós seus vecinos máis distinguidos e que fan referencia á vida e ós símbolos da vila, mesturando tradición e modernidade. Pero en Lalín tamén hai lugar para disfrutar da cultura nos seus museos ou no auditorio.

 

 

Esta vila tamén conta con espazos de esparcemento ó amparo da natureza, como o lago do Pontiñas, un paseo polo río que leva o mesmo nome, no que se pode desfrutar dun agradable percorrido no centro urbán de Lalín.

 

A oferta comercial da vila é outro dos seus atractivos. A capital do concello lalinense conta con establecementos comerciais que, ademais de ofrecer a posibilidade de pasar o día de compras, permiten desfrutar do tempo de ocio.

 

 



Turismo

Buscar

 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI