Concello de Lalín

 
Lalín Shopping
Turismo

Buscar

 

O comercio do municipio concéntrase na vila de Lalín, onde establecementos especializados cobren amplamente as necesidades dos veciños do término municipal e exercen influencia sobre os demáis concellos da comarca. Pero o éxito do comercio lalinense vai moito máis alá: ducias de persoas achéganse cada día a Lalín dende todas as comarcas de Galicia ou de camiño cara á meseta, para mercar en establecementos de moda. Esta tendencia consolidouse nos últimos anos coa apertura de varios "oulets" das fábricas de moda que teñen a súa sede na capital da comarca do Deza.

 

 

Lalín concentra a maior parte do atractivo comercial da comarca dezana, na que se enmarca. Coñecida pola súa industria textil e pola confección, conta con empresas punteiras na moda e o deseño a nivel internacional.

 

Na vila de Lalín, capital do concello, existen varios establecementos e centros comerciais onde poder adquirir calquera tipo de producto. Conta tamén con salas de cine, cafeterías, pubs e discotecas. O novo paseo do Pontiñas e a área de esparcemento permiten desfrutar do tempo de lecer ó mesmo tempo que se realizan compras nos diferentes establecementos comerciais, especialmente de productos cárnicos, embutidos e textil. Esta realidade sitúa á vila entre os municipios que teñen no "shopping" unha referencia desa nova forma de facer turismo en boga nos últimos anos.

 

 


 


     

 


 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI