Concello de Lalín

 
Lalín Kilómetro

 

Lalín é un verdadeiro nexo de comunicacións na Galicia central. No centro da comunidade galega, a escasos quilómetros da súa capital, Santiago de Compostela, e ben comunicado coas principais cidades galegas, Lalín convértese nun dos concellos claves da Galicia interior.

A súa situación xeográfica, no denominado "Quilómetro cero de Galicia" e equidistante das principais cidades, converte a Lalín nun importante enclave loxístico dentro da comunidade autónoma. Este municipio convértese así no corazón da comunidade galega, unha posición reforzada coas melloras viarias e infraestructurais que o converten no punto ideal para desfrutar de Galicia.

Accesos

O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza. Situación que permite achegarse dende Lalín a todos os puntos de interese da comunidad galega de forma rápida e cómoda.

Ademais, Lalín ofrece ós visitantes infinidade de posibilidades para o descanso, o ocio, a cultura, o deporte e a gastronomía. Un atractivo máis que se suma ó feito de que a súa situación estratéxica, no centro da rexión, converte ó concello no lugar ideal para establecer o centro dunhas vacacións en Galicia.

Turismo

Buscar

 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI