Sábado opr la mañana: Jornada de Visitas a comercios y centros comerciales de Lalín y paseos por la ciudad.

 

Sabados por la tarde: Visita guiada a museo etnográfico y/o del paisaje.

 

Domingo: Paseo a caballo y visita cultural a Monasterios/Iglesias

Precio 150€


Cerrar
Concello de Lalín

 


 

A auga está presente ó longo destas terras a través dos ríos que artellan o territorio e que marcan a xeografía de Lalín. Os ríos Asneiro e Deza delimitan o municipio recollendo augas de moitos regatos formados nas diferentes cumes. Conforman ademais numerosos espacios naturais e de tempo libre relacionados coa auga e dispostos ó longo de todo o municipio.

Muiños de Mouriscade.
Praia fluvial Pozo do Boi.
Paseo do Pontiñas.

 

A relación do home e a terra é unha constante en Lalín, fortemente unida á tradición e á cultura da nosa comunidade. Esta unión ven marcada tanto polos espacios naturais, representativos do municipio, como polas evocacións e actividades delas xurdidas como a agricultura e a gandeiría, fundamentais no desenvolvemento da vila.

Museo Etnográfico Casa do Patrón. Na parroquia lalinense de Doade.

Museo da Paisaxe. Nas parroquias de Mouriscade, Zobra e Doade.

Montes de Zobra e Serra do Candán. Fraga de Catasós. Carballeira de Barcia.

Da terra extraemos tamén a pedra, coa que os canteiros deron vida a unha riqueza monumental importantísima.

Ruta das igrexas. Donramiro, Goiás, San Martino, Soutolongo, Corpino.

Ruta dos Pazos. Des, Bendoiro, Linares, Anzuxao,...

 

 

O aire é un elemento moi significativo en Lalín. Por un lado fai referencia á pureza do seu entorno, marcado principalmente pola existencia de importantes espacios naturais. Por outro lado, o aire evoca neste concello unha alusión ós sonos, representado pola figura do aviador Loriga.

Pazo de Linares. Casa natal de Xoaquín Loriga.

Monumento a Loriga.

Lugar de "O Toxo". O primeiro "aeródromo" de Galicia.

Lume para encender os fogóns que fan famosas a estas terras. Lume para as brasas nas que cocinar as excelentes carnes de vacún ou para quentar pouco a pouco, con carino, as potas nas que cocer as decenas de elementos que componen a nosa sinfonía culinaria por excelencia: O Cocido de Lalín.

Lume para prolongar as sobremesas cheas de anécdotas e lendas. Lume de vida e de praceres.

 
 
Turismo

Buscar

 

 

 

 

 



 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI