Concello de Lalín

Espazos Naturais
Turismo

Buscar

A natureza é un dos elementos que fan de Lalín un lugar idóneo para percorrer e onde se pode desfrutar dun agradable período de vacacións. Os ríos, os montes e as serras fan deste concello un espazo único onde os elementos naturais conforman un escenario de ensono.

 

Algúns destes espazos debuxados polo devir do tempo, en ocasións coa axuda da man do home, son os seguintes:

 

Fraga de Catasós. Tamén coñecida como Carballeira de Quiroga. Trátase dun bosque mixto de carballos e castineiros. Os exemplares que alí se atopan están considerados os máis altos de Europa (ata 30 metros de alto).

 

O sendeiro que discorre entre esta fraga lévanos ó Pazo de Quiroga, lugar no que se inspirou a escritora galega Emilia Pardo Bazán para a súa novela "Los Pazos de Ulloa".

 

 

Carballeira de Barcia, Catasós, Vilatuxe, Donramiro. Nestes lugares, os carballos dispostos uns pola man do home, outros polo azar da natureza, convértense en auténticas obras de arte; na de Barcia os carballos están plantados de tal forma que, se miren como se miren, forman liñas rectas e fan unha espesa sombra no verán.

 

Zobra e Serra do Candán. A parroquia de Zobra é a parte máis montanosa do Concello de Lalín, situada na Serra do Candán, que ocupa tamén o municipio de Silleda.

 

 

 

 


 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI