
Situado no centro xeográfico de Galicia, o Concello de Lalín goza dunha ubicación envidiable á hora de planificar unhas vacacións que permitan combinar o desfrute da costa coa riqueza paisaxística do interior.
A equidistancia respecto ás principias cidades, xunto coas excelentes comunicacións por estrada e autoestrada, converten a Lalín no centro de operacións ideal para compatibilizar durante as vacacións a frescura das praias co turismo monumental, co descubrimento de rutas naturais dunha beleza insospeitada e, por suposto, aderezando calquera viaxe coa gastronomía típica de Galicia.