Concello de Lalín

Citas e Eventos

Lalín conta ademais cunha importante axenda de eventos e citas culturais e festivas. Algunhas delas son das máis resaltables dentro da comunidade galega e incluso contan con forte fama fóra das fronteiras de Galicia.

 

As numerosas exposicións culturais e artísticas dentro de diferentes artes como a pintura, escultura ou a música, celébranse en Lalín ó longo de todo o ano, converténdo nun punto clave da vida cultural galega.

 

Pero sen dúbida, se por algo é conecido este concello é polas festas, tanto gastronómicas como relixiosas, que se celebran nas súas parroquias. Estas son as citas festivas máis resaltables na axenda de Lalín.

 

Algunhas citas de interese

  • Feira do Cocido
  • Feira do Cabalo
  • Romaría do Corpiño
  • Rali do Cocido

 

Celébrase cada ano no domingo anterior ó Entroido e supón o máximo exponente do Concello. No ano 1999 foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. En torno a este prato desenvólvese a programación de actividades lúdicas e culturais durante esta época do ano. Un evento que congrega a milleiros de persoas para degustar este prato típico galego e que converte a Lalín na vila máis concurrida ó longo deses días.

 

É outra das feiras senlleiras do concello que se celebra na primeira semana do mes de abril. Serve para que cabaleiros e gandeiros de toda Galicia acodan a participar nas diferentes actividades e competicións.

 

Por outra banda, os días 3 e 18 de cada mes o Campo da Feira Vello acolle os tradicionais mercadinos.

 

 

Celébrase os días 23 e 24 de xuño na parroquia de Santa Baia de Losón. A esta romaría, unha das máis famosas de toda Galicia, acoden devotos de infinidade de lugares coa confianza de que a Virxe espantará dos seus corpos e mentes aqueles problemas e enfermidades que se lle escapan á medicina.

 

En poucos anos esta proba situou a Lalín entre as citas obrigadas para os amantes do mundo do motor.

 

 
Outras citas de interese

Malla tradicional, o último sábado de agosto, en Codeseda, Doade.

Matanza tradicional do porco, primeiro domingo de febreiro na parroquia de Santiso.


Festas patronais na honra da Virxe das Dores

 

Celébranse o terceiro domingo de setembro na vila de Lalín. A esta súmanse as festas patronais das parroquias que se converten, especialmente nos meses de verán, nunha ocasión para o reencontro con amigos e familiares.

 

Turismo

Buscar

 

 

 

 

 



 
 
     
Contactarnos
Legal Descargas
Praza do Concello, 1 - 36500
Lalín - Pontevedra
Tlf.: 986 78 70 60
e-mail: info@turismoLalín.org

Privacidade Fondos de pantalla
Legal Información



Copyright 2009 Concello de Lalín -
Turismo Lalín KLM0
Todos os dereitos reservados
Directorio de Turismo en Galicia
Icono de conformidad con el Nivel A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para 
	el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI